O Museo da Cornamusa da Deputación homenaxea nunha exposición a figura dos 25 gaiteiros máis relevantes na historia de Galicia

-13.30 horas: Presentación da exposición “Pinturas de gaiteiros históricos”- A deputada de Cultura, Patricia Torres, intervén na exposición “Pinturas de gaiteiros históricos no Museo Internacional de Cornamusas”, de Xosé Casal, que tamén estará no acto xunto ao director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo. Lugar: Escola Provincial de Gaitas.

A mostra, afirmou na presentación a deputada de Cultura e Producións Audiovisuais, Patricia Torres, “contribúe ao coñecemento da tradición galega e das persoas que durante todo este tempo exerceron como os seus transmisores”.

“Quixemos dignificar a nosa tradición gaiteira e o concepto do gaiteiro histórico, tradición e historia de Galicia que non teñen noutras culturas do mundo”, afirmou o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo

AVANTAR ACTIVIDADES

A exposición reúne os retratos pintados ao óleo de Xosé Casal (Curtis, 1942), considerado como o mellor gaiteiro da súa época e artista polifacético. Presente na inauguración, Casal resaltou a importancia de “defender o patrimonio cultural de Galicia” 

O Museo Internacional da Cornamusa da Deputación de Ourense acolle unha exposición na que rende homenaxe aos 25 gaiteiros máis relevantes da historia de Galicia desde principios do século XIX, retratados a través do pincel doutro gaiteiro galego e artista polifacético, o coruñés Xosé Casal. A mostra foi presentada esta mañá na Escola Provincial de Gaitas, onde se sitúa o museo, coa presenza da deputada de Cultura e Producións Audiovisuais, Patricia Torres, o director da escola, Xosé Lois Foxo e o propio artista. 

Patricia Torres subliñou a importancia dunha exposición que reúne aos mellores gaiteiros galegos dos últimos 200 anos, “contribuíndo ao coñecemento da tradición galega e das persoas que durante todo este tempo exerceron como os seus transmisores”. A mostra, engadiu, “incrementa o valor deste Museo da Cornamusa que xa conta cunha magnífica riqueza, sendo único no mundo nas súas características”. Razón máis que suficiente, afirmou, “para seguir apostando desde a Deputación pola escola de gaitas e polo museo, grazas ao gran traballo que realiza o seu director”.

Xosé Lois Foxo explicou que o punto de partida desta exposición sitúase no libro Os segredos da gaita, un importante volume traducido a numerosos idiomas e onde xa se recolle unha historiografía destes gaiteiros. “Quixemos dignificar a nosa tradición gaiteira e o concepto do gaiteiro histórico, tradición e historia de Galicia que non teñen noutras culturas do mundo”, afirmou Foxo.

Casal, presente na exposición, sinalou a importancia de conservar e potenciar a cultura galega e o traballo da Deputación de Ourense, a través neste caso da Escola Provincial de Gaitas: “A Deputación é pobo, e a cultura do pobo é importantísima. Todos debemos defender o patrimonio de Galicia, por iso para min é un orgullo estar hoxe aquí e deixar estes cadros nesta exposición”. 

Casal: gaiteiro, compositor, pintor e escultor

A mostra tamén ten a súa importancia polo autor dos 25 óleos, o coruñés Xosé Casal (Curtis, 1942), home polifacético no ámbito das artes xa que ademais de estar considerado como o mellor gaiteiro da súa época tamén ten un amplo traballo como compositor, pintor e escultor. Casal xa foi protagonista da homenaxe que lle rendeu a Escola de Gaitas en outubro de 2021, cuxo retrato foi a portada do Anuario da Gaita e do cartel do IV Festival Medieval do castelo do Bolo.

Manuel Castro, o gaiteiro de Penalta; Xan Míguez, de Ventosela; Faustino Santalices; Félix Álvarez, dos Trinta de Trives; ou Virxilio Fernández , cofundador da Coral da Ruada, son os gaiteiros ourensáns retratados nesta exposición, que inclúe un autorretrato do propio Xosé Casal.