O Carballiño homenaxea a Florencio Delgado cun mural polas Letras Galegas

O concello do Carballiño celebrou onte o Día das Letras Galegas ca súa especial homenaxe ó autor deste ano: Florencio Delgado Gurriarán. Neste acto estiveron presentes os membros do equipo de goberno, e tamén representación dos grupos da oposición.

Para a xornada de onte, inaugurouse un mural adicado a este escritor, ubicado detrás do concello, seguindo a tradición dos últimos anos, e tamén inaugurouse un novo mural dedicado a Rosalía de Castro na Praza da Constitución. Ademais, a concelleira de educación e da área de política lingüística, Guadalupe Sobrado, recordou que nos centros educativos estiveron nos últimos días levando a cabo iniciativas tamén de homenaxe ó autor.

AVANTAR ACTIVIDADES

A nota musical da xornada estivo a cargo do alumnado do Conservatorio, que interpretou o Himno Galego e outros temas galegos durante este acto, baixo a tutela de Christian Casas, do Orfeón do Carballiño.