O PSOE do Irixo pide resolver necesidades básicas en lugar do novo centro deportivo

O Partido Socialista do Irixo reuniuse hoxe en rolda de prensa para dar a coñecer a súa postura na construción do centro deportivo anunciado polo Grupo de Goberno de O Irixo nas antigas explanadas da estación do ferrocarril. Nesta intervención estivo o portavoz, Iago Fariñas, acompañado por Rosa María Dalama, viceportavoz; e Juan Pousada, Concelleiro.

Iago Fariñas Valiña, Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, asegura que ó non ter cubertas as necesidades básicas, é un despropósito.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o PSOE recordan a inversión na praia fluvial, que logo de vinte anos segue sen rematar e supondo un custo en multas da Confederación Hidrográfica. E aseguran que o aluguer deses terreos ten unha vixencia de 20 anos.

Para os socialistas, antes de destinar esta contía neste proxecto, aseguran que hai necesidades básicas que están aínda sen acometer, como saneamento ou asfaltados