Manuel Iglesias, gañador do X Certame Literario de Microrrelatos do Casino

O pasado sábado, o Casino celebraba o seu xa tradicional evento cultural, no que se deu a coñecer o gañador do X Certame Literario de Microrrelatos. Na categoría de persoas adultas foi Manuel Iglesias Nanín o gañador, ca súa obra “Futuro imperfecto”. O xurado acordou deixar desertas as outras categorías.

A continuación deixámosvos a peza gañadora:

AVANTAR ACTIVIDADES

FUTURO IMPERFECTO

Sei das cousas cativas. Son quen de recoñecelas entre o todo. E a partir de aí conseguir que xa formen parte de min. Mais non sempre son quen de recoñecer as cousas que teñen urxencia. Para iso estás ti. E eu para ti. Confórmome con pouco. Con moi pouco. Ao final, o máis importante do mundo cabe entre os nosos brazos. Ímonos? Disme. Vámonos! Dígoche. Co desexo acendido de encetar cada amencer xuntos. Lonxe. Moi lonxe. Máis lonxe. Aínda. Sabendo que ao marchar sempre nos agardará unha nova mañá. Distinta. Como o camiño que aínda queda por facer noso. O mesmo que nos levará a perder a cordura. Definitivamente. Por fin. Tantas e tantas cousas. E tanto por facer. Sen présa. Devagar. Voltando ao lugar de sempre. Para coller impulso. E para non rendernos. Nunca. Aínda que o mapa que nos guíe decida saír voando pola ventá. Xa sabes. Como aquela canción que fala de nós. Aquela. Recordas. Futuro Imperfecto. Titúlase. Aquela que nos abriga do frío. Entre outros abrigos. E que sen ela sabelo, xa sabía de nós.