O Club Ciclista Carballiño organiza este sábado a súa quinta BTT en familia

Esta mañá tivo lugar a presentación da actividade “BTT en familia”,  que organiza o Club Ciclista Carballiño e colabora o Concello do Carballiño. O evento será unha actividade lúdica, sen fins de competición, para desfrutar da bici e da contorna.

Terá dous puntos centrais de actividade. Un deles, pensado nos máis pequenos, na entrada do parque, onde o restaurante O Pote, e outro que consiste nunha ruta de 10 quilómetros pola contorna, pensado nos nenos un pouco máis maiores e nos adultos, e cuxa hora de partida será as 16:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A dificultade do percorrido será baixa, cunha parada en Pena Cobertoira para un descanso e punto de avituallamento. O tempo medio será de aproximadamente dúas horas, cando o percorrido podería facerse en 45 minutos, ca finalidade de desfrutar pequenos e maiores.

A concelleira de deportes, Silvia Baranda, recoñeceu o esforzo por poñer en marcha esta iniciativa familiar e tamén quixo dar especial mención ós éxitos que están conseguindo cada fin de semana os rapaces do club ciclista Carballiño.