Medalla da Fundación Vicente Risco á Unión Deportiva Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

A Fundación Vicente Risco acordou darlle a medalla da Fundación á Unión Deportiva Ourense, polo seu labor a prol da difusión da lingua e a cultura galegas.Nesta tempada a UDO luciu na súa equipación simboloxía da xeración NÓS e o logo da revista que tamén campaba no marcador do estadio do Couto. Esta interacción entre o mundo do deporte e o mundo da cultura é altamente enriquecedora e racha barreiras e estereotipos para achegar institucións e persoas arredor da idea común do sentimento de pertenza a unha comunidade e a unha cultura.Aproveitamos para darlle os parabéns polo seu merecido ascenso e desexámoslle moito éxito a este ilusionante proxecto deportivo.