Espazo Común presenta a moción acordada cos veciños para que se executen neste ano as obras da rúa Ourense

COMUNICADO DE ESPAZO COMÚN:

Despois de 3 anos de promesas incumpridas e mentiras diversas, a principal arteria de entrada ao Carballiño ten que ser arranxada.

AVANTAR ACTIVIDADES

Despois de 3 anos de promesas incumpridas e mentiras diversas, a principal arteria de entrada ao Carballiño ten que ser arranxada.

MOCIÓN PARA QUE SE EXECUTEN AS OBRAS NA RÚA OURENSE en base á seguinte   

                                                  EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A rúa Ourense, antiga estrada de Ourense e transferida pola Xunta de Galicia ao Concello do Carballiño dende o 2015 é, a día de hoxe, a principal arteria de acceso ao casco urbán da nosa vila ademáis dunha vía densamente habitada.

Vista a importancia que tén por todo o antedito, resulta incomprensible o lamentable estado de abandono que presenta e que, xunto co poboado da Fontela, é o primeiro que ven moitos visitantes ao chegar ao Carballiño.

Maleza invadindoo todo, beirarrúas en estado calamitoso, unha deficiente iluminación. Os veciños levan xa anos queixándose amargamente da situación que teñen que padecer.

Por suposto, o actual alcalde do Carballiño prometeu xa en numerosas ocasións que xa estaba case arranxado.

Amosoulles aos veciños proxectos de 2.000.000 de € (encargado a unha empresa), logo foi rebaixando a 1.000.000 €, 700.000 €…

Primeiro falou de facelo con cargo ao remanente, logo dun acordo coa Xunta para financiar unha parte da obra, despois dun convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil…

Estableceuse o compromiso de facela antes do fin de 2021, de incluíla no paquete de asfaltados con cargo ao remanente do ano pasado…

A última nova confirmada é que o proxecto remitido á CHMS é un redactado polo arquitecto municipal de pouco máis de 600.000 € ao que preguntado, no pasado pleno, o alcalde nos dixo que están facendo melloras e que xa vai por riba en 1.300.000…

A única realidade é que a rúa cada vez está peor e os veciños cada vez máis fartos. É hora de que este goberno faga algo diferente e conte a verdade. Cando se vai facer a obra e que proxecto se vai executar é o que hai que esclarecer dunha vez por todas.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                         SOLICITAMOS

  1. Que a obra da rúa Ourense se execute antes do final deste ano 2022.