O CMUS do Carballiño fai público o calendario das probas de acceso e de matriculación para o curso 2021/2022

O Conservatorio Profesional de Música do Carballiño anuncia que o prazo de matrícula será dende o día 1 ata o 11 de xuño para as probas de acceso a 1º elemental e profesional que se celebrarán o martes, 15 de xuño, para todas as especialidades excepto frauta travesa, que se celebrará o venres 18 de xuño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén, dende o centro municipal, adiantan que o período de matriculación para o vindeiro curso será dende o 21 de xuño ata o 5 de xullo para o alumnado de 1º elemental e profesional, así como para todo o alumnado sen materias pendentes de setembro.