A andaina solidaria de Cenlle recibe inscricións ata o vindeiro xoves

O concello de Cenlle celebrará este próximo domingo a súa andaina solidaria, que cumpre este ano o seu 11º aniversario “Camiñando polo Autismo”. Serán dúas rutas, unha de 11 quilómetros e outra de 20, de dificultade media, con saída ás 09:00 horas do próximo domingo, dende o campo de fútbol, e mesmo lugar para a meta.

O prazo de inscrición será ata o próximo xoves día 26. Para inscribirse, haberá que facer un ingreso de 5 euros, na conta bancaria do concello, baixo o nome “Andaina”, e incluíndo nome e apelidos e teléfono de contacto. Deste ingreso, 2 euros por persoa irán destinados a asociación Autismo Ourense. Todos aqueles que non poidan acudir pero queiran colaborar, poderán facelo co ingreso baixo o nome “Dorsal 0”, e cuxa cantidade íntegra será doada.

AVANTAR ACTIVIDADES