A Xunta investirá máis de 100.000€ na instalación dun ascensor no centro residencial docente de Ourense

  • O delegado territorial explicou que con esta actuación complétase o plan de accesibilidade dos 12.000 m2 que conforman o recinto, tanto de xeito vertical coma horizontal
  • A través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica o Goberno galego prevé realizar me-dio millar de actuacións ata 2023, o que supón melloras en catro de cada dez centros escolares nos vindeiros tres anos

Ourense, 23 de maio de 2022.– O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao Centro Residencial Docente de Ourense, para anunciar a licitación das obras de instalación dun ascensor nas que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investirá 116.461,47 €  e cun prazo  de execución de catro meses.

O delegado territorial incidiu na necesidade desta actuación para dar cumprimento á normativa de accesibilidade. Debido a que non existe na actualidade ningún percorrido accesible que permita o acceso ao edificio desde o exterior e que comunique verticalmente as plantas do edificio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Gabriel Alén explicou que a actuación consistirá na instalación dun ascensor no edificio do Ribeiro para que o IES Universidade Laboral conte con acceso desde o exterior e se comuniquen todas as plantas, completándose así o plan de accesibilidade dos 12.000 m2 que conforman o recinto, tanto de xeito vertical coma horizontal.

Tamén explicou o delegado territorial que este contrato tramitarase pola súa contía, polo procedemento aberto simplificado, ao fin de procurar a realización das obras de forma que estean executadas canto antes.

Medio millar de actuacións

A través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica o Goberno galego prevé realizar me-dio millar de actuacións ata 2023, o que supón melloras en catro de cada dez centros escolares nos vindeiros tres anos.

Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e insti-tutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe.

Un dos seus eixes estruturais pasa por configurar nos centros espazos máis amplos e saudables, accesibles e inclusivos e dotados de mobiliario móbil e adaptado ás medidas de cada ciclo, abatible, amoreable e de fácil almacenamento.

entrevista