O autobús “Coidados Porta a Porta” chegou xa a 4.700 galegos

O servizo “Coidados Porta a Porta” posto en marcha pola Xunta de Galicia está sendo todo un éxito. En apenas dous meses prestou atención gratuíta a máis de 4.700 persoas maiores de 55 anos en servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Nas pasadas semanas estivo xa varios concellos da contorna, e volverá a estar nos que aínda non estivo nos meses seguintes.

Nesta liña, Fabiola García lembrou que en 2019, cando se puxo en marcha unha experiencia piloto deste programa, xa tivo moi boa acollida, polo que este ano decidiuse multiplicar por quince a súa extensión. Deste xeito, oito autobuses equipados percorren todos os concellos da Comunidade (dous por provincia), agás as sete cidades.

AVANTAR ACTIVIDADES