O Cine Club proxecta este venres o último filme da tempada, unha película francesa

Este venres día 27 o Cine Club pecha a tempada 2021-2022 coa proxección da película francesa “El acontecimiento”, recentemente premiado no Festival de Venecia co León de Ouro á mellor película e tamén co premio FIPRESCI. Cóntanos a historia de Anne, unha estudante brillante que se queda embarazada e ve perigar a posibilidade de rematar os seus estudos. Os pases serán no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. 

Este venres remata a tempada, unha que aínda estivo marcada pola pandemia case na súa maioría e na que á xente aínda lle costa volver ás salas de cine. No Carballiño tamén se viu afectado, aínda que a valoración xeral segue sendo positiva.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, este ano ampliaron a súa carteleira, con proxeccións de documentais ademais dos filmes e tamén con sesións algún domingo, dando unha maior variedade de contido.