O Goberno PP – DO emprega a chantaxe para aprobar a nova modificación de crédito na que está a traballar

Na Xunta de Área desta mañá, o Goberno advertiu de que a modificación “vai en lote para que a oposición vote en contra e poder vinculala deste xeito a unha cuestión de confianza”

Na Xunta de Área de Medio Ambiente e Facenda celebrada esta mañá, a concelleira nacionalista Rhut Reza plantexoulle á concelleira delegada de Facenda, e tal e como xa anunciaran desde o BNG hai algunhas semanas, acceso aos requerimentos efectuados ás entidades bancarias nos que se solicita a devolución de máis de 78.000 euros cobrados por estas indebidamente en concepto de comisións bancarias e tal e como se recolle no informe de liquidación do exercicio 2021.

AVANTAR ACTIVIDADES

A resposta dada foi que a día de hoxe e a falta de estudar en profundidade o expediente non existen tales requerimentos e que en todo caso será na vindeira reunión da Xunta de Área cando se ofreza máis información, deixando mesmo no aire a posibilidade de que finalmente poidan non ser recuperados.

Modificación de Crédito

En relación co anuncio feito hai uns días polo Goberno de levar a pleno unha nova modificación de crédito, neste caso por valor de 40 millóns de euros, e ante a falla de información e negociación cos grupos da oposición, Rhut Reza lembra que o goberno actual “está en minoría, polo que precisa da oposición se quere aprobar dita modificación”.

A resposta por parte do executivo local non foi outra que “a modificación está feita para que a oposición a vote en contra e vinculala así a unha cuestión de confianza”. Para o BNG este feito demostra o nulo respecto do Goberno PP – DO á propia institución ao tempo que lembran que quen hoxe chantaxea, “hai meses dixo que presentaría un proxecto de orzamentos e a día de hoxe seguimos agardando por el”.

Reza conclúe, “isto demostra que ao Goberno local o que menos lle importa é sacar Ourense adiante e do pozo no que está sumido e sí desgastar e atacar aos adversarios políticos.