A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos e mozas retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior
Con este acordo preténdese facilitar a integración laboral e social dos bolseiros Beme e consolidar o seu establecemento en Galicia
O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou esta mañá o acordo de colaboración coa presidenta da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA), María Belén Rosbier, e que permitirá destinar 20.000 euros a esta organización para o financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos e mozas retornados, organización de actividades culturais e sociais para a xuventude, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia co obxectivo de ofrecer aos galegos que volven á comunidade autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á sociedade galega.
