O delegado territorial da xunta de Ourense asiste á presentación do festival “Ouren Sound Fest”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do festival Ouren Sound Fest, que se desenvolverá do 27 ao 29 de maio en Bemposta, e onde destacou a relevancia da programación desta VII edición, que contará con grupos da talla das Tanxugueiras ou Xoel López entre outros, e que conta coa colaboración institucional da Deputación de Ourense, e da Xunta a través do Xacobeo 21 – 22.