A Deputación adhírese ao programa VIOPET para a acollida de animais de compañía de mulleres vítimas de violencia machista

Sesión ordinaria do pleno mensual da Deputación Ourense. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Grupo de Non Adscritos); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Gonzalo Pérez Jácome (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).
IES CHAMOSO LAMAS

A iniciativa tamén implica dispoñer dunha reserva de prazas de urxencia na rede provincial de Centros de Acollida de animais abandonados, ademais de promover entre os concellos a adhesión ao proxecto 

A corporación concedeu o título de Fillo Adoptivo da Provincia ao comunicador Manuel Villanueva de Castro, recoñecendo a súa “intensa relación” con Ourense e o seu apoio ao coñecemento da provincia 

HIPER MASIDE

O pleno aprobou por unanimidade dúas proposicións: Solicitar que Ourense sexa a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial, e instar á Xunta de Galicia á urxente reactivación das obras de construción do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) 

O pleno da Deputación de Ourense, reunido esta mañá en sesión ordinaria correspondente ao mes de maio e baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a adhesión da Deputación ao programa VIOPET para promover a acollida temporal de animais de compañía cuxas propietarias son mulleres vítimas de violencia machista. A iniciativa, que parte do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, tamén implica dispoñer dunha reserva de prazas de urxencia na rede provincial de Centros de Acollida de animais abandonados, ademais de promover entre os concellos a adhesión ao programa e organizar actividades que axuden a visibilizar este proxecto. 

A Deputación asume a inclusión nos seus plans formativos de accións de concienciación para o persoal público nos sectores relacionados coa atención a vítimas de violencia de xénero, así como tamén o custo da estancia dos animais nos centros de recollida, de urxencias veterinarias e da entrega ou envío da mascota á nova residencia das vítimas, incluso no estranxeiro. Procurarase ademais a colaboración das protectoras de animais que cooperan coa rede provincial para buscar casas de acollida temporal. 

Este asunto foi debatido conxuntamente con outros dous puntos da sesión, tamén relacionados coa recollida de animais abandonados nos centros de Xinzo de Limia, O Carballiño, Muíños e A Rúa. O primeiro deles foi unha modificación da ordenanza fiscal do servizo onde se estableceu unha bonificación do 100 % nas taxas de adopción para as asociacións que colaboran coa Deputación: Agallas, no centro de Xinzo de Limia e Arume no Carballiño. O resto de asociacións que non teñan subscrito o convenio marco coa institución provincial terán unha bonificación do 50 %. Estas reducións só se aplicarán cando sexa a propia asociación a que adopte o animal. O segundo dos asuntos relacionados con este servizo refírese a cambios no regulamento para a súa adaptación á linguaxe inclusiva e ás directrices europeas en materia de protección de animais. 

Modificación do orzamento e capítulo de honras 

Na orde do día tamén figuraba unha modificación do vixente orzamento da Deputación, co fin de incorporar o detalle dos importes e finalidades para as que se destinan 175.000 euros no capítulo de “Promoción e fomento do deporte. Copas Deputación”. Unha cantidade que se distribúe do seguinte xeito: 70.000 euros para a delegación ourensá da Federación Galega de Fútbol Sala, con destino á Copa de Fútbol e Fútbol Sala; 15.000 para a delegación ourensá da Federación Galega de Baloncesto, con destino á Copa Baloncesto; e 90.000 para o concurso das Copas Deputación. 

Por outra banda, a corporación, unha vez rematado o expediente de honra,  acordou conceder o título de Fillo Adoptivo da Provincia ao comunicador e directivo de televisión Manuel Villanueva de Castro, como homenaxe e recoñecemento “a unha intensa relación, especialmente afectuosa, que está a ser de gran valor para posicionar a Ourense nun nivel de coñecemento imprescindible para o desenvolvemento social e económico desta provincia”. 

Descentralización e atención a persoas con discapacidade 

No capítulo de proposicións, o pleno aprobou por unanimidade dúas iniciativas relativas á candidatura de Ourense como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial, instando á Xunta de Galicia a que reclame este centro para a cidade e ao Goberno de España para que afonde nas políticas de descentralización de actividades administrativas e infraestruturas públicas, conforme ao estipulado no Real Decreto 209/2022. 

Tamén contou co apoio unánime unha terceira proposta na que se insta á Xunta de Galicia á tramitación, por vía de urxencia, da resolución do actual contrato para a construción do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense, así como a concretar os prazos da nova adxudicación, finalización, apertura e entrada en funcionamento do centro.