O BNG satisfeito ante o fallo xudicial que ratifica os seus argumentos ante o procedemento seguido para aprobar a modificación de crédito de 62 millóns de euros

IES CHAMOSO LAMAS

A sentenza coñecida na mañá de hoxe corrobora o que o BNG veu defendendo ao longo de toda a tramitación do expediente,”furtáronse dereitos aos Grupos da oposición e á veciñanza”

Tras coñecerse hoxe a sentenza do xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense a respeito do recurso interposto no seu día trala aprobación da modificación de crédito por importe de 62 millóns de euros levada a cabo polo Goberno PP – DO, o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense expresa  a súa satisfacción “por unha sentenza que confirma os argumentos que desde o principio defendeu o BNG”.

HIPER MASIDE

O portavoz do BNG no Concello de Ourense lembra que a sentenza “recolle os argumentos esgrimidos tanto no debate en pleno como no recurso plantexado ante o propio concello, do que por certo, aínda non hai resposta”.

Para o portavoz nacionalista Luis Seara está claro que esta sentenza confirma “que estamos diante dun goberno de trileiros, que vulnera a legalidade a sabendas e que pretende limitar e furtar competencias ao pleno e aos lexítimos representantes da veciñaza.”