O Grupo Socialista acusa á Xunta de limitar o Pladica á extinción de incendios, “sen a necesaria planificación preventiva”

IES CHAMOSO LAMAS

Carmen Rodríguez Dacosta reclama a profesionalización das brigadas forestais, a posta en marcha dos traballos de prevención antes de xuño

A portavoz de Montes do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou hoxe de que o Pladiga “segue a ser un plan de extinción de incendios, e non de prevención” lastrado pola “falla de planificación preventiva” por parte da Consellería do Medio Rural. Rodríguez presentou unha pregunta oral en Comisión do Parlamento na que advertiu que a Consellería pon ao monte galego en grave risco diante dos incendios de sexta xeración, “relacionados co abandono da xestión e co cambio climático”.

HIPER MASIDE

A responsable socialista alertou de que a día de hoxe os distritos forestais está a prestar servizos sen ter ningún plan preventivo determinado pola Consellería, polo que “traballan ao chou, sen a necesaria planificación” e sen coñecer o . Ademais, a escasa profesionalización do sector “leva a unha maior descoordinación e menor eficacia, onde o perigo e o risco son unha constante”.

Lamentou que Medio Rural “continúa apostando todo á extinción en lugar de facer prevención fora da época estival”. A consecuencia é que nas últimas datas teñan ardido, na provincia de Lugo, 180 hectáreas en Palas de Rei, miles de vivendas sen luz polo lume na subestación de San Clodio de Ribas de Sil ou o lume nun eucaliptal de Viveiro, ademais de 69 hectáreas en Padrenda –Ourense-, 64 en Camariñas e os lumes de O Condado e A Paradanta.

A parlamentaria socialista alertou fronte aos lumes de sexta xeración, que se converten nun “monstro, unha nube de lume con vida propia”, como os que se teñen rexistrado xa hai 25 anos en Cataluña.

Reclamoulle ao goberno galego en primeiro lugar que realice os traballos de prevención antes de xuño de cada ano, cunha planificación “sensata, acorde coa experiencia adquirida polos técnicos e demais traballadores do servizo de prevención de incendios”. Ademais, reclamou que “mellore a profesionalización, a loita contra a temporalidade e a coordinación na extinción dos incendios forestais”.

Reiterou ademais a necesidade de que o Pladiga sexa aprobado “logo dunha ampla participación pública”, e afeoulle ao goberno galego que o teñan aprobado sen dar cabida á participación, “sen detallar orzamentos e sen detallar información básica de cantos tratamentos preventivos teñen previsto facer”.