A plataforma cidadá “O Campo da Feira non se pecha” recolle máis de 600 sinaturas en cinco días

Dende que o pasado mércores a plataforma puxera en marcha una campaña de recollida de sinaturas, levanse recollido máis de 600 firmas. Duascentas de elas foron recollidas na mesa que se ubicou na praza maior do Carballiño este pasado sábado. En pouco máis de hora e media dous centenares de persoas achegaronse á mesa para interesarse polo tema aqueles que ainda non o coñecían e  para mostrar o seu rexeitamento ó peche da aula de 3 anos do colexio do Campo da Feira.

O resto das sinaturas foron recollidas en establecementos colaboradores, tanto tendas coma hostaleiros están mostrando o seu apoio á plataforma así como a súa preocupación. A súa colaboración débese a que entenden que o peche dunha aula levará irremediablemente ó peche do colexio e que con total seguridade estenderase tamén o último dos colexios públicos do centro da vila, o Calvo Sotelo, acarreando así un declive para o pobo e máis directamente para os seus comerciantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén persoas particulares solicitaron a esta plataforma follas para contribuir persoalmente á causa, así coma os colectivos xa integrados nela. Queren expresar o seu agradecemento ó tecido económico do pobo polo seu apoio e impicación, entendendo que esto non é cousa de catro pais, se non de todo un pobo.

Esta campaña de sinaturas ainda non rematou, tan só se fixo un primeiro  balance. E continuará a se propogar por máis locais colaboradores e  estará presente na rúa en máis ocasións. Así como incrementará a súa actividade estendendo esta campaña ás redes nos próximos días