Publicase hoxe no BOP
Por Acordo da Xunta de Goberno Local, do día 29 de abril de 2022, apróbanse as bases polas que se rexerán as axudas por nacemento ou adopción de fillos/as no Concello de Cortegada durante os anos 2020 e 2021.
O prazo para presentar as solicitudes será de 3 meses, que contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As bases poderán consultarse na páxina web do concello: www.cortegada.es