Gabriel Alén fixo un chamamento aos escolares e á toda mocidade da provincia para colaborar na loita contra o tabaquismo

  • O delegado territorial subliñou as actuacións de prevención, promoción o tratamento do tabaquismo, realizadas pola Xunta de Galicia dentro do Programa galego de vida sen tabaco
  • O representante do Goberno galego significou unha das actividades específicas de prevención do tabaquismo no ámbito escolar, como é o concurso ‘Clases sen Fume’ que este año convocou a súa XX edición, na que participaron 522 alumnos de 12 centros
  • Gabriel Alén  fixo entrega dunha árbore autóctona aos alumnos de  1º da ESO do IES O Couto

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe no IES O Couto da cidade das Burgas nun acto organizado co motivo do Día Mundial sen Tabaco, que se celebra cada 31 de maio, convocado pola OMS co obxectivo de sensibilizar á poboación fronte ao tabaquismo, non só como principal factor de risco en moitas  enfermidades crónicas e claramente evitable, senón tamén sobre o impacto ambiental da industria tabacalera. O lema escollido para este ano é “O tabaco, unha ameaza para o noso medio ambiente”.

Acompañado do xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, e da xefa territorial de Sanidade, Laura López, o delegado fixo un chamamento aos escolares e á toda mocidade da provincia para colaborar na loita contra o tabaquismo e tomar conciencia dos seus efectos nocivos para a saúde e o medio ambiente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trala entrega dunha árbore autóctona aos alumnos de  1º da ESO do IES O Couto, Gabriel Alén fixo referencia aos datos reflectidos no último informe ESTUDES 2021 que confirman que é aos 14,1 años a  idade media na que se produce o  primeiro consumo de tabaco, tanto en mozos como en mozas, e que  o 30,7% da xente nova recoñece o dito  consumo, sendo un 9,0 % da mocidade a que realiza un consumo diario de tabaco.

O delegado territorial indicou que estes datos, xustifican a continuidade das actuacións de prevención, promoción o tratamento do tabaquismo, realizadas pola Xunta de Galicia dentro do Programa galego de vida sen tabaco.

Unha das actividades específicas de prevención do tabaquismo no ámbito escolar, é o concurso “Clases sen Fume” que este año convocou a súa XX edición, na que participaron 522 alumnos de 12 centros: o Sagrado Corazón de Celanova, CPR Divina Pastora de Ourense, CPR Luis Vives de Ourense, CPR María Auxiliadora de Ourense, CPR Padre Feijóo Zorelle de Ourense, IES O Couto de Ourense, Seminario Menor A Inmaculada de Ourense, CPR Pablo VI, de A Rúa, CPR Apostólico Mercedario de Verín, CPR María Inmaculada de Verín, IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.

Dúas aulas destes centro educativos da provincia de Ourense foron preseleccionadas para os premios que se entregarán proximamente en Santiago de Compostela.