A CIG reclama melloras laborais para as traballadoras do Asilo e a readmisión das despedidas

Representantes sindicais da CIG no Carballiño concentráronse hoxe diante da sede da Fundación Irmáns Prieto en repulsa da actual política de acoso laboral e persecución sindical de cara ás traballadoras.

Posteriormente, ás 11,30, a concentración trasladouse ás portas do Concello, que forma parte do Padroado da Fudación.

AVANTAR ACTIVIDADES

A reivindicación é a inmediata readmisión das traballadoras despedidas, e o cese das accións de maltrato verbal e moral, así como  o cumprimento íntegro das condicións laborais e o respecto do convenio colectivo.

Nos próximos días, anunciarán mobilizacións diante do Bispado de Ourense, que tamén forma parte do Padroado.

Por parte da dirección do centro, Nuria Iglesias, falou esta mañá con esta canle, asegurando que o centro non ten constatado nin legal nin médicamente ningún caso de acoso laboral. Asegura que houbo deficiencias en canto á atención dos internos que se tentaron solucionar de xeito amigable pero que non foi posible, polo que finalmente tiveron que acudir á vía xudicial. Por outra banda, a directora afirma que fai un mes pasaron a inspección de Política Social, na que se constatou que non so respectaban a ratio de internos por traballador se non que estaban por riba. O centro estase adaptando ás novidades implantadas pola Xunta de Galicia en canto ós novos modelos de residencia pouco a pouco, que a directora lamenta que se vexa inmiscido en problemas desta índole.