O Centro Sociocomunitario anuncia unha variedade de talleres para o mes de xuño

Os días 9, 16 e 23 de xuño ( das 16.00 ás 19;30) temos un Obradoiro de Dixitalización, impartido pola Fundación Amigos de Galicia, nos que todos os participantes, mellorarán os seus coñecementos e habilidades no manexo de CAIXEIROS AUTOMÁTICOS ( a traves dunha réplica cuasi real dun caixeiro), USO DO MÓVIL, E DOMINIO DE APLICACIÓNS TAN BÁSICAS COMO A DO SERGAS (debe traer cadaquén o seu móvil particular).

Todos os interesados poden apuntarse na conserxería do Centro Sociocomunitario da Xunta, sito na avda Julio Rodriguez Soto,37.

AVANTAR ACTIVIDADES

Asimesmo, temos un microobradoiro de mellora da psicomotricidade fina a través do entretenemento con fieltros, os días 8, 15, 22 e 29, en horario de mañás.

Tamén o día 15, a Escola galega de Saúde Pública impartirá nas dependencias do centro unha charla sobre alimentación saudable, ás 16:30.

E por último recordar que mañá día 1 de Xuño ábrese a inscrición para o programa: Mantente Activ@; Ximnasia de Verán; Para todas as persoas interesadas, polas  mañáns dos meses de xullo a setembro.

En outubro retomaranse as clases de Teatro, Canto e Pandereta, Estimulación Cognitiva, Ioga, Pilates e Ximnasia de Mantenemento entre outras.