San Cristovo de Cea recibe un vehículo todoterreo para labores medioambientais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou a adquisición dun vehículo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental do pasado ano para o concello de San Cristovo de Cea. Este vehículo todoterreo está equipado para realizar labores de conservación e coidado do medio natural. Segundo destacou a directora xeral, están a piques de resolverse as subvencións deste ano para os concellos que as solicitaron, que suporán unha inversión de 11,3 millóns de euros.

Pola súa parte, o alcalde do concello de Cea, José Luis Valladares, agradeceu esta achega, e destacou o traballo da administración colaborando cos concellos pequenos nas necesidades diarias.

AVANTAR ACTIVIDADES