O concello estuda facer a campaña da Praza de Abastos a pesar da disolución da súa directiva

Varios meses atrás, Eligio González, presidente da Asociación da Praza de Abastos, tomaba a decisión de renunciar a continuar neste cargo. A raíz deste cambio, ofrecéuselles ós demais praceiros a oportunidade de ocupar este cargo, e ninguén quixo tomar as riendas, disolvendo así a directiva. Falamos hoxe ca concelleira de comercio, Silvia Baranda.

Chegada a época do verán, dende a praza realizábase a maior campaña de dinamización de vendas anual, con grandes regalos. Ante a falla de directiva que a puxese en marcha, será o concello quen estude a posibilidade de organizala. Anteriormente a súa colaboración era a través dunha subvención, e tamén co apoio directo en toda a campaña.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a administración, asegurou a concelleira, o que pretenden é seguir dinamizando a praza e mantela viva, aínda que a asociación non estea en funcionamento ó non ter equipo directivo, polo que tentarán manter todas as iniciativas anteriores.