A Deputación felicita a Roberto Verino polo seu ingreso na Academia de Belas Artes

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Roberto Mariño Fernández "Roberto Verino" acompañodos de Jose Luis Suárez Martínez (Alcalde do Concello de Monterrei).

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co deseñador Roberto Verino, felicitándolle pola súa entrada na Real Academia Galega de Belas Artes.

O acto de recepción celebrarase no Auditorio de Verín o sábado 18 de xuño, nunha sesión extraordinaria da Real Academia Galega de Belas Artes, que recoñeceu o traballo profesional de Verino elixíndoo como académico de número electo dentro da sección “Artes da imaxe”. Roberto Verino lerá o discurso “Aportación da moda galega ao orgullo de país”, e contestará en nome da Corporación o académico de número Xurxo Lobato.

AVANTAR ACTIVIDADES