Organizada por OZOCOgz Deseño Galego presentouse onte no Carballiño a editorial allaricense Aira Editorial

IES CHAMOSO LAMAS

O serán chuvioso de onte non foi impedimento para que o salón de Casa Gazpara, adaptado para o acto, se enchera de público na presentación oficial no Carballiño de Aira Editorial.

Da man da marca carballiñesa OZOCOgz, Cesar Lorenzo, un dos artífices da editora, contou como xurdiu a idea de Aira Editorial, como foi o nacemento da mesma e a súa traxectoria até o momento. Acompañando ao editor estiveron Gabriel Álvarez, carballiñés tradutor para esta empresa de «Unha noite no tren da Vía Láctea», do xaponés Kenji Miyazawa; e Maite Jiménez, quen traduciu ao galego o, xa clásico, «O nome da Rosa”, do italiano Umberto Eco.

HIPER MASIDE

Ámbolos dous contaron como é o proceso e dificultades que xorden durante a tradución de determinadas obras, ao tempo que subliñaron a importancia que para o galego ten podermos acceder a obras da literatura universal sen vernos na obriga de facelo a través do castelán.

No acto, as e os asistentes, puideron ver unha mostra de libros publicados por Aira Editorial, unha editora que aposta polo libro de calidade con publicacións moi coidadas e que, como eles mesmos nos din, “que namoren desde a capa até a derradeira liña”.