O VII Premio Antón Risco de literatura fantástica declarado deserto polo xurado

ACTA DO VII PREMIO ANTÓN RISCO DE LITERATURA FANTÁSTICA

AVANTAR ACTIVIDADES

Reunido, na sede da Fundación Vicente Risco de Allariz, o día 4 de xuño de 2022, ás 12 horas, o xurado
do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica 2022, composto por:

  • D. José Nicanor Alonso Álvarez
  • D.ª Silvia Alves.
  • D. Luis González Tosar (por delegación)
  • D.ª María Teresa Jiménez Pérez.
  • D.ª Rosa Suárez Canal

Actúa Dª Ana Gloria Rodríguez Alonso como secretaria, sen voz e sen voto.
Acorda:


Declarar deserta a edición do premio deste ano, como prevén as bases do certame, por considerar que ningunha das obras presentadas reúne as calidades necesarias e propias da literatura fantástica para se atribuír o recoñecemento do galardón. De todo o cal dou fe, unha vez rematado o acto sendo as 12´45 h.
e asino a presente acta, coa conformidade dos presentes