A Deputación apoia a organización do Festival Céltico, que se celebrará no Irixo e San Amaro durante o mes de setembro

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) cos alcaldes do Irixo e San Amaro, Manuel Cerdeira Lorenzo e Fernando Rodríguz Redondo respectivamente.

Manuel Baltar avanzou a colaboración do goberno provincial á proposta presentada polos rexedores de ambos concellos, Manuel Cerdeira e Fernando Redondo: “Para a Deputación é un pracer colaborar con estas formulacións, lembrando a nosa historia e ós nosos alicerces a través da musica”

O festival celebrarase en dous fines de semana consecutivos, en San Amaro e O Irixo, programando a referentes da música folk galega 

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, agradeceu a vontade da Deputación para “colaborar e estar sempre a carón dos concellos, para poder levar a cabo proxectos que sen a súa colaboración serían imposibles”

O rexedor de San Amaro, Fernando Redondo, recalca a importancia da cooperación para “dinamizar ós pequenos concellos do rural”, impulsando neste caso “unha maior proxección turística”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial cos alcaldes do Irixo, Manuel Cerdeira, e San Amaro, Fernando Redondo. Unha reunión na que os rexedores presentaron ao presidente do goberno provincial unha proposta que contará co apoio da Deputación: a celebración da primeira edición do Festival Céltico. 

O evento celebrarase no mes de setembro en dous fines de semana consecutivos -primeiro en San Amaro entre o 2 e 4 de setembro, e despois no Irixo, entre o 9 e o 11-, buscando fomentar a cultura galega e música folk e celta, apoiándose na tradición da cultura castrexa representada en estes municipios -con máis de 12 castros catalogados- e fitos referenciais como o castro de San Cibrao de Lás. Nesta liña, dende ambos concellos observan “fundamental”, a promoción da cultura celta para a promoción cultural de San Amaro e O Irixo.

O presidente da Deputación mostrouse convencido de que o festival “será a semente dun gran evento que o longo do tempo se irá consolidando, sendo este un proxecto cultural que ten un gran futuro”. Manuel Baltar felicitou ós alcaldes do Irixo e San Amaro pola iniciativa nun lugar que “é terra de castros e onde tivo a súa orixe a nosa civilización, presumindo con orgullo das nosas raíces”.

“Para a Deputación de Ourense é un pracer colaborar con estas formulacións, lembrando a nosa historia e ós nosos alicerces a través da musica” engadiu o presidente do goberno provincial, avanzando que toda a xente que visitará estes concellos “levarán a mellor imaxe e o maior recordo do festival”.

O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, agradeceu a disposición da institución provincial e o seu apoio, “estando sempre a carón dos concellos para podermos levar a cabo proxectos que sen a súa colaboración serían imposibles”. 

Pola súa banda, o alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, salientou que “para min, a mellor forma de entender a política é a través da colaboración interadministrativa. Neste caso, a través dela acadamos que dous concellos do rural teñan unha maior promoción turística”. 

Fomentando a cultura galega a través de referentes da música folk

Segundo explican dende a organización do festival, a programación busca “poñer en auxe o galego e dar recoñecemento ós artistas propios de Galicia”. Para iso, invitarían á primeira edición do Festival Céltico a artistas “referentes da música folk e celta, con longos anos de andanzas recompilando tradicións”, posibles nomes, apuntan dende os concellos, do nivel de Treixadura ou Milladoiro, combinados neses dous fin de semana de setembro cunha proposta musical para os máis pequenos.