Carballeda de Avia honra á Virxe do Orario con catro días de festa e procesións

Carballeda de Avia celebrou hoxe o cuarto e último día, ademais do día grande, das festas na honra da Virxe do Orario. A pesar de que o tempo non acompañou, con choivas sobre todo na xornada do venres, foi moita a xente que se achegou para desfrutar dunha festa que recupera o seu esplendor logo da pandemia.

Aínda están a tempo de desfrutar da verbena de hoxe, na que que contarán ca actuación de Pili Pampín, o Grupo Fussion e a animación de DJ Tibu.

AVANTAR ACTIVIDADES

A tradición desta festa reúne a moitas familias comendo na mesma carballeira preto da igrexa de Lodairo e do campo da festa, aínda que este ano con menos afluencia a causa do tempo. Puidemos falar hoxe cun grupo, que non quixo perderse a súa tradición de xa 20 anos comendo paella nesta festa.

Tamén falamos hoxe co alcalde, Luis Milia, quen recordou que estas festas foron sempre un punto de encontro para familiares e amigos, atraendo moita xente de fora, e que espera que así continúe sendo. A de este ano foi unha festa de recuperación, na que se pode ver que a xente xa tiña ganas de verbena.