A Área de Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño organiza un obradoiro de mecánica básica da bicicleta para alumnado de 6º de educación primaria dos centros educativos públicos e concertados da vila. Comezou esta mañá e o próximo 20 de xuño. A concelleira desta área, Guadalupe Sobrado, explicounos máis desta iniciativa.
Neste obradoiro, que durará unha hora, e está impartido por Roberto Rodríguez, de Sobre Rodas, achégaselle ao alumnado varios aspectos que deben ter en conta á hora de saír coa bicicleta: a seguridade, o coidado da bici e as boas prácticas co medio natural.