O PsdeG de Ourense informa de que a facenda alemá envía gratuitamente xustificante en español do pago de impostos para presentalo na facenda española

Ourense 24/10/18 Entrevista a Luis Gulín Fotos Martiño Pinal

Luís Gulín, explica que “as persoas interesadas deben contactar vía telefónica coa unidade que xestiona o seu expediente, ou escribir directamente, mesmo en español, ao correo ria@finanzamt-neubrandenburg.de

A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE informa de que detectou durante esta campaña de declaración da renda, casos entre os preceptores de pensións alemás que para xustificar a devolución do chamado 5 por cento, á Facenda alemá, están recorrendo a tradutores xurados. Dende o PSOE ourensán destacan que a facenda alemá esta enviando “gratuitamente” xustificante en español do pago de impostos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas lembran que xa no ano 2019 informaron que se pode solicitar á Axencia Tributaria alemá, a coñecida como Finanzamt Neubrandenburg, o envío dun certificado en español para xustificar ante a Facenda española, se esta o require, a devolución por dobre imposición internacional. O secretario provincial de migracións da executiva provincial socialista, Luís Gulín, explica que “as persoas interesadas deben contactar vía telefónica coa unidade que xestiona o seu expediente, ou escribir directamente, mesmo en español, ao correo ria@finanzamt-neubrandenburg.de, indicando nome e apelidos, número de identificación fiscal alemá e a petición de enviar xustificante de ter aboado os impostos do ano fiscal que precise”.

Gulín salienta que “polo tanto, non existen custos derivados dunha suposta obriga de traducir a documentación dos trámites realizados na facenda alemá para presentalos na facenda española”. A secretaria provincial de migracións constatou que na maioría das delegacións de facenda do territorio español aceptan a documentación presentada en alemán, mais o xustificante do pago e non constan “queixas de aportar tradución a maiores”. De feito, dende o ano pasado a Axencia Tributaria de España xa intercambia información e datos con Alemaña podendo comprobar que se fixeron os pagos correspondentes.