A Deputación realizará por toda a provincia cursos de formación en emprendemento “maker”

A Deputación de Ourense levará a cabo por toda a provincia formación en emprendemento a través das tecnoloxías “maker”. Son accións formativas específicas no campo do emprendemento, onde se ofrecerá aos alumnos diversas ferramentas de traballo para a xestión empresarial (dirección estratéxica, xestión de persoas ou marketing), facendo especial fincapé tamén nas diferentes posibilidades e ferramentas de acceso á financiamento, a internacionalización e o acceso a mercados exteriores.

Esta é unha das actividades que desenvolverá a Deputación dentro do proxecto Emprende Makers, o cal está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V España-Portugal (Poctep) 2014-2020. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Os cinco talleres que se levarán a cabo nos concellos interesados levan os títulos de “Novas metodoloxías para emprender” (catro horas); “Que necesito entender para construír un emprendemento economicamente viable?” (dous horas); “Como presentar o meu emprendemento para conseguir financiamento?” (catro horas); e “Descubrir ao meu cliente: cales son as necesidades do meu cliente?” (catro horas). 

Os concellos interesados en recibir estes talleres poderán pedir máis información na páxina web www.norformacion.es, ou no teléfono 986 336 850.