As obras de mellora na OU-504 reciben oferta de sete empresas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu sete ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme na estrada OU-504 ao paso polos concellos de Ribadavia e de San Cristovo de Cea, que suporán un investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

A Xunta prevé iniciar as obras a finais do verán co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano. Trátase do reforzo e a rehabilitación do firme da OU-504 entre a intersección coa estrada N-120 en Ribadavia e a intersección coa OU-901 en Cea.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo o treito e o estado actual do firme, realizaranse fresados e reposicións de 5 e 10 centímetros de espesor e disporase unha nova capa de rodaxe mediante o estendido dunha mestura bituminosa en frío tipo microaglomerado.