Cultura no mes de xuño: obradoiro de medio ambiente e actuacións das escolas municipais

Dentro da programación cultural para o mes de xuño, hoxe anunciámoslles as actividades que haberá esta semana. Mañá mércores, ás 18:00 horas, no auditorio Manuel María, haberá unha audición de piano do conservatorio e escola de música. E o sábado, o conservatorio celebrará ás 19:00 horas tamén no auditorio, o concerto de fin de curso.

Este xoves, ás 20:15 horas, tamén no auditorio, haberá teatro, ca mostra de fin de curso da escola municipal de teatro, ca representación da obra “Santa Pita”.

AVANTAR ACTIVIDADES

E, para rematar, o domingo ás 18:30 horas, a mostra de fin de curso da escola municipal de danza, no auditorio, co seu vídeo de música “Awards-performers”.

O venres pola tarde, dende as 17:00 horas ata as 20:00 horas, na alameda, terán lugar as actividades aprazadas pola celebración do Día do Medio Ambiente. Celebrarase un obradoiro para a creación dun refuxio de insectos polinizadores, a plantación de aromáticas e xogos medioambientais para os máis pequenos.