Máis de cen persoas asinan a súa participación na asociación en defensa do asilo

No día de onte quedou legalmente constituída a Asociación para a Defensa do Asilo do Carballiño no acto celebrado no salón de actos do Hotel Arenteiro.

Durante o mesmo, Pachi Vázquez fixo unha exposición da situación actual e da necesidade de crear un colectivo cidadán que vele polo presente e polo futuro dun dos valores máis importantes da historia do noso pobo: o legado dos Irmáns Prieto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nas intervencións dalgúns dos participantes quedou patente a preocupación polo cambio de modelo da institución e da Fundación que a dirixe.

Unha vez rematada a xuntanza, Pachi Vázquez convidou a que todos aqueles que quixeran formar parta da Asociación deixaran os seus datos. Unhas 80 persoas asinaron no mesmo salón e en días previos máis de 20 persoas xa amosaran o seu interese en formar parte do colectivo.

Nunhas semanas será convocada unha nova reunión onde se escollerá a xunta directiva e se fixaran os primeiros pasos a dar, o primeiro será manter unha reunión co padroado para poñer enriba da mesa as queixas cidadás e do colectivo.