O concello remata ca execución de obras de asfaltado no xulgado e na periferia

O concello do Carballiño está rematando ca realización de diversas obras, como é o caso do entorno do xulgado, por exemplo. Tamén se está renovando o abastecemento de Seoane e Mesego, obras que se están retrasando con respecto ó proxecto. Tamén se está humanizando a travesía de Cea, ademais de a estrada ca construción de beirarrúas. Estas obras entran dentro do presupostado dentro do remanente do pasado ano, e son as últimas que quedaban por rematar.

Falando de obras, tamén deu comezo a demolición da parte da nave de Protección Civil que estaba construída en zona verde incumprindo a legalidade urbanística e que a APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística) ordenou o seu derrubo. Os traballos que se están levando a cabo permitirán que os traballadores poidan seguir traballando nunha das partes da edificación, mentres o material restante será trasladado á nave na antiga feira de gando, onde ó rematar as obras serán trasladados por completo.

AVANTAR ACTIVIDADES