Deputación e Concello de Beariz avanzan acordos en proxectos de servizos públicos e patrimonio arqueolóxico

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Manuel Prado López (Alcalde do Concello de Beariz).

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para abordar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.

O presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para avanzar no proxecto do velorio municipal, “unha dotación imprescindible para os nosos veciños”, sinalou o alcalde de Beariz. Ademais, o goberno provincial aportará unha achega para acometer diversas actuacións de acondicionamento e humanización do pobo de Ricovanca. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar e Manuel Prado tamén pecharon o compromiso da Deputación para actuar na necrópole arqueolóxica de Garfián. “Un proxecto importante para protexer o noso patrimonio e avanzar na potenciación do turismo arqueolóxico”, sinalou o alcalde de Beariz trala reunión, agradecendo a receptividade e apoio da Deputación nestas actuacións.