Manuel Baltar defende na xunta xeral de grupos de interese de Agbar a importancia da colaboración pública-privada para garantir os servizos de calidade nos concellos rurais

Fotografías de Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) na grabación de un video para Viaqua.

Manuel Baltar salientou que o goberno provincial “traballa como ningún outro cos gobernos pequenos, apoiado en ferramentas chave como a colaboración público-privada coma queda demostrado en AquaOurense”

No Día mundial dos océanos, o presidente da Deputación tamén aproveitou a presencia neste foro para lembrar a importancia da auga como elemento vital do planeta e a importancia de Ourense “como provincia non so de auga, senón tamén coma provincia termal”

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, interveu esta mañá por vídeo conferencia na xunta xeral de grupos de interese de Agbar, na que se atopa integrada Viaqua, empresa coa que a Deputación forma AquaOurense, un consorcio partenariado con 14 anos de experiencia e que actualmente da asistencia técnica a 80 concellos ourensáns -174.545 persoas-, realizando máis de 5.000 análises anuais. 

Na súa intervención, Manuel Baltar salientou que o goberno provincial “traballa como ningún outro cos gobernos pequenos, apoiado en ferramentas chave como a colaboración público-privada”. Nesta liña, como boa proba salientou o papel de AquaOurense: “Coa colaboración dunha empresa privada e unha institución pública coma a Deputación revélanse clave para a axuda, a cooperación técnica, xurídica e económica con concellos, permitindo que pequenas entidades poidan acceder a este tipo de xestión e de servizos públicos de calidade”

No día mundial dos océanos, Baltar tamén aproveitou a presencia neste foro para lembrar a importancia da auga como elemento vital do planeta e a importancia de Ourense “como provincia non só de auga, senón tamén coma provincia termal”. 

O presidente do goberno provincial avanzou que “a través da etapa pioneira que abrimos, os pequenos concellos que precisan a axuda da institución provincial a poderán ter gracias a iniciativas coma a que existe na provincia de Ourense a través de Agbar e Viaqua”. 

A Xunta Xeral de Grupos de Interese de Agbar -empresa con máis de 150 anos de experiencia na xestión a auga e medio ambiente- é un evento de carácter anual onde se comparten, a partir da intervención de representantes de distintos sectores e ámbitos, diferentes modelos dentro da xestión do ciclo da auga.