O BNG alédase de que o Concello de Ourense faga súa unha proposta nacionalista e opte aos fondos PIREP

Desde a formación nacionalista lembran que no pleno do pasado mes de xaneiro de 2022 unha das mocións que rexistraron pedía precisamente optar a ditos fondos

O Goberno Local ven de anunciar a solicitude de 4,7 millóns do Fondo Europeo para a Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP).

AVANTAR ACTIVIDADES

No Grupo Municipal do BNG amósanse satisfeitos de que o Goberno PP – DO teña a ben facer caso das súas iniciativas xa que, como lembran desde a formación nacionalista, no pleno do pasado mes de xaneiro, unha das mocións rexistrada, debatida e aprobada por unanimidade, era precisamente optar a estes fondos, sendo exactamente o punto de acordo o seguinte:

“Instar ao Goberno Local do Concello de Ourense á elaboración e presentación dos proxectos precisos para poder optar aos fondos habilitados dentro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) posto en marcha polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e poder mellorar e acondicionar aquelas dependencias e instalacións municipais que o precisen así como para a rehabilitación de edificios destinados ao uso público.”

No BNG entenden que pese a que as mocións non son vinculantes, serven para abrir debate e ofrecer ideas que o Goberno Local non recoñece no momento pero que fai súas con posterioridade.

No BNG, non obstante, prefiren obviar o que o alcalde, Gonzalo P. Jácome dixo durante o debate da moción.