O Grupo Municipal de Emerxencias do carballiño informa de varios accidentes que ocurriron entre a tarde de onte sábado e a maña de hoxe:
Tarde de moito traballo a de onte no Servicio Municipal de Emerxencias.Sobre as 19:00 horas da tarde o servizo foi movilizado polo CIAE 112 por mor dun atropelo na Rúa Conde Vallellano.
Case simultáneamente, novamente o CIAE 112, volvía a solicitar a actuación do servizo nun accidente de tráfico dun coche con unha moto na N 541 a súa entrada no pobo.Transcorrida pouco máis dunha hora, a Policía Local, movilizaba de novo a dotación de garda por mor dun letreiro dunha tenda na Rúa Tomás María Mosquera, que se atopaba en serio perigo de desprendemento.
E na maña de hoxe domingo o Servizo foi movilizado por un accidente con feridos na N 541 a altura da entrada no Carballiño xusto na glorieta da casa azul. O parecer o conductor deu positivo por alcoholemia