O PsdeG de Leiro insta ao goberno local a pendurar a bandeira LGTBI da casa consistorial

IES CHAMOSO LAMAS

NOTA INFORMATIVA DO PSDEG DE LEIRO

O PsdeG de Leiro insta ao goberno local a pendurar a bandeira LGTBI da casa consistorial de apoio e visibilidade cara o colectivo LGTBI con motivo do orgullo

HIPER MASIDE

Os socialistas denuncian que a ausencia de programación do Día do Orgullo amosa o “desprezo” do alcalde cara á poboación sensibilizada e a súa “incapacidade” para darlle o respaldo correspondente

Manuel Rodríguez destaca que “as políticas igualitarias non existen en Leiro” e pon de relevo a necesidade de “colocar a igualdade onde sempre debeu estar: no máis alto da axenda política de Leiro”.

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de rexistrar a través dun escrito que o goberno local pendure a bandeira acoiris no balcón da casa consistorial durante as vindeiras semanas en sinal de apoio e visibilidade cara o colectivo LGTBI. Os socialistas denuncian que a ausencia de programación do Día do Orgullo no municipio amosa o “desprezo” do alcalde cara á poboación sensibilizada e a súa “incapacidade” para darlle a esta efeméride o respaldo institucional que corresponde.

Dende o grupo municipal socialista de Leiro instan ao goberno local do Partido Popular a que dunha vez por todas se “implique” na celebración do Día do Orgullo e aposte por pendurar a bandeira LGTBI e organice unha programación de actos, como poden ser exposicións fotográficas, proxeccións de filmes vencellados ao Día do Orgullo ou organización de talleres e charlas enfocadas a dar visibilidade ao colectivo.

Así as cousas, os socialistas lamentan que “mentres en Leiro non existe nin un só tipo de referencia ao Día do Orgullo, o resto de concellos xa contan cunha axenda completa de actividades e unha planificación axeitada para o Orgullo 2022”. Tamén denuncian o “espaldarazo constante” que o goberno municipal amosa coas políticas de igualdade e os colectivos sensibilizados”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, critica o “desleixo” do goberno municipal do Partido Popular cara o colectivo LGTBI, afirmando que ao alcalde, Francisco José Fernández, “non lle importa para nada este colectivo, e así o demostra ano tras ano, evitando pendurar a bandeira LGTBI da casa consistorial e deixando deserto o programa de actividades por mor do Orgullo”. O edil socialista destaca que “as políticas igualitarias non existen en Leiro” e pon de relevo a necesidade de “colocar a igualdade onde sempre debeu estar: no máis alto da axenda política de Leiro”.

“Os socialistas seguiremos traballando desde a responsabilidade de goberno e no senso de aumentar dereitos e avanzar na igualdade”, insiste Rodríguez Vázquez, antes de destacar que realizará esta labor “facendo súa a reivindicativa frase do falecido socialista, Pedro Zerolo, sobre que os dereitos conquístanse, desfrútanse e deféndense”.