Simulacro de incendio forestal en Avión

Onte pola mañá o Ges de Avión colaborou no simulacro de Incendio Forestal con posible afección á poboación de Mouriscados, Boeixos e Abelenda (Avión), decretando unha situación 2 do #PEIFOGA e #PLADIGA, xunto cos seguintes medios:

GES Avión

AVANTAR ACTIVIDADES

AVPC Avión

AVPC Beariz

Emerxencias Ribadavia

Bombeiros e Bombeiras Forestais de Galicia

Bombeiros do consorcio Provincial Carballiño – O Ribeiro

Xefes, Agentes e Técnicos do distrito XI

Unidade de Drons da Mancomunidade Terra de Celanova

Unidade de Drons do Grupo de Apoio Loxístico da #Axega

Vixilante Municipal de Avión

Guardia Civil

Guardia Civil de Tráfico

Servizo Provincial de Emerxencias

112 Galicia , #AXEGA

Representantes da #CruzVermella Cruz Roja Española

Concello de Avión

O simulacro consistiu en coordinar 2 incendios en diferentes lugares da provincia, entre o #CECOP e os dous #PMA.

Tamén realizáronse cortes de estrada e confinamento da poboación afectada, así como o posicionamento dos diferentes medios de extinción.

Agradecer a participación de todos os que estivestes presentes no simulacro e a seguir traballando nestes exercicios, para dar unha rápida resposta nunha situación real.