A secretaría provincial de migracións informa de casos de retornados que seguen erroneamente cotizando das súas pensións alemás ao seguro médico e de dependencia

Dende a área de migracións do PSOE ourensán lembran, que no momento de acceder a unha prestación da seguridade social española, hai que darse de baixa na seguridade social alemá

Luís Gulín sinala que “neste caso hai que pórse en contacto co Deutsche  Rentenversicherung, organismo pagador das pensións, para informarlles desde que data son preceptores dunha prestación española e solicitar a devolución das achegas mal realizadas”

AVANTAR ACTIVIDADES

A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense tivo constancia, a través da súa labor de asesoramento ao colectivo de retornados, dalgúns casos en Galicia de emigrantes retornados de Alemania, que a pesar de cobrar a maiores unha pensións de viuvez española, seguen erroneamente cotizando das súas pensións alemás ao seguro médico e ao seguro de dependencia do país xermano.

Dende a área de migracións do PSOE ourensán lembran, que no momento de acceder a unha prestación da seguridade social española, hai que darse de baixa na seguridade social alemá “na obrigatoriedade de que detraigan das pensións as achegas ao seguro médico (Krankenversicherung) e o seguro de dependencia (Pflegeversicherung) dado que a asistencia sanitaria xa está garantida pola pensión española”.

O secretario provincial de migracións, Luís Gulín, sinala que “neste caso hai que pórse en contacto co Deutsche  Rentenversicherung, organismo pagador das pensións, para informarlles desde que data son preceptores dunha prestación española e solicitar a devolución das achegas indebidamente realizadas”. Gulín tamén indica que os interesados “poden seguir achegando voluntariamente só ao seguro alemán de dependencia, consultando esta opción coa aseguradora correspondente (Krankenkasse).

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense lembra, unha vez máis, que esas achegas “voluntarias” non terán consideración de “gastos deducibles” na declaración da renda española.