O Club Ciclista Carballiño estivo esta fin de semana na Mini BTT de Poio

Os mozos do Club Ciclista Carballiño viaxaron esta pasada fin de semana ata Poio, para competir nunha espectacular Mini BTT. En infantil feminino, Noela González acadou o posto 13; en infantil masculino, Miguel Barral o posto 44; en alevín feminino, Leonor Mouriño o posto 20; en alevín B, Luis Taboada o 15; en principiante B, Toño González o posto 19; en principiante A, ManuelMouriño acadou o posto 15 e en promesa feminino Clara Mouriño acadou o posto 11 e Noa Barral o 14.