Segue o seu curso a denuncia presentada por unha veciña do Irixo con relación aos parques eólicos de Valdepereira e Pico Seco

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A denuncia dunha veciña de O Irixo foi admitida a trámite e o Xulgado número 2 de O Carballiño chama agora a declarar como investigados ao Alcalde e a Secretaria. Ambos fixeron caso omiso aos escritos da denunciante nos que alegaba a falta de exposición pública da documentación dos parques eólicos de Valdepereira e Pico Seco. Esta veciña non conseguiu consultar a documentación nas dependencias municipais a pesar de solicitala en varias ocasións e tamén comprobou que a documentación non estaba accesible ao público.
A pesar das queixas presentadas, o Alcalde notificou por escrito un informe da Secretaria que certifica que sí realizaron a exposición pública. Ante esta posible falsedade, a esta veciña non lle quedou máis remedio que acudir ao Xulgado de Garda e presentar a denuncia para que a xustiza esclareza os feitos e determine se son ou non delicto.
Na primeira exposición pública destes parques eólicos nos Concellos de Lalín e de O Irixo houbo queixas pola omisión da mesma. O Concello de Lalín recoñeceu problemas organizativos e admitiunos na certificación que enviou á Xunta de Galicia. En cambio no Concello de O Irixo non foi así e, a pesar das queixas reiteradas, certificaron que a documentación dos parques eólicos estivo exposta.
O certo foi que a Xunta de Galicia viuse obrigada a repetir este proceso de exposición pública, o que demostra que xa era incorrecto tal e como indicou algunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de  Galicia. Pero aínda así nesta segunda exposición pública houbo queixas tamén no Concello de O Irixo.
Problemas similares estanse dando noutros moitos parques eólicos proxectados en Galicia, que son máis de 270. Esto pon de manifesto o caos deste proceso que deixa indefensa á poboación afectada que non ten a información sobre os proxectos eólicos e ten moi difícil alegar contra eles pola brevidade dos prazos e a complexidade dos mesmos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO