A Deputación colaborará na mellora da depuradora municipal de San Cristovo de Cea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde deste municipio, José Luis Valladares

O goberno provincial tamén cooperará no acondicionamento de rúas do lugar de Fondo de Cea e na celebración de varias iniciativas culturais

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, para analizar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.

O presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para mellorar a depuradora municipal de San Cristovo de Cea. “Unha actuación imprescindible porque temos varios elementos da EDAR con certo deterioro, que é necesario arranxar”, sinalou o rexedor. 

Manuel Baltar e José Luis Valladares tamén avanzaron o compromiso do goberno provincial para o acondicionamento e humanización de varias rúas do lugar de Fondo de Cea, ademais de avanzar a colaboración en diversas iniciativas culturais que organizará o Concello nos próximos meses. “Coma sempre, é perfecta a dispoñibilidade da Deputación e, persoalmente, o compromiso do seu presidente, Manuel Baltar. Coa colaboración do goberno provincial poderemos levar a cabo estas actuacións, que mellorarán a calidade de vida dos nosos veciños”, resaltou José Luis Valladares ao término da reunión no Pazo Provincial.