AFAOR e o concello despiden o taller de desenvolvemento cognitivo ata setembro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, nas instalacións do Bo Día Familia, tivo lugar a clausura dos talleres de memoria organizados por AFAOR (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense), e que conta cunha trintena de usuarios no Carballiño que realizan dous días á semana actividades de memoria e desenvolvemento cognitivo. Ademais da última sesión, hoxe recibiron un diploma polo esforzo feito nos últimos meses. A actividade retomarase en setembro, despois dun merecido descanso no verán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta actividade conta ca colaboración do concello do Carballiño, e  leva en marcha moitos anos, incrementando as persoas interesadas cada vez máis, a pesar do descenso pola pandemia. Poden participar tanto persoas sans que queiran previr o deterioro ou aquelas que xa presentan deterioro cognitivo.

Froito desta colaboración co concello, hoxe estivo tamén a concelleira de Servizos Sociais, Guadalupe Sobrado, quen destacou a importante labor deste colectivo para a veciñanza. Todos os que queiran inscribirse poden facelo en setembro, a través da asociación AFAOR.