Este venres na tenda OzocoGz presentación do libro:” Suso Vaamonde A canción libre e comprometida dun pobo”

Este venres, día 17 de xuño, dentro das actividades culturais que, dende a nosa tenda OZOCOgz Deseño Galego, imos desenvolvendo ao longo do ano teremos a honra de convidarvos a unha nova presentación literaria.SUSO VAAMONDE. A CANCIÓN LIBRE E COMPROMETIDA DUN POBO, a biografía deste cantautor, personaxe imprescindíbel da nosa música e da nosa cultura, exemplo de compromiso, coherencia e xenerosidade. Contaremos con Fernando Fernández Rego, autor do libro e con Andrés Fernández, cantor e reivindicador incansábel da música de Suso Vaamonde. Andrés tamén nos amenizará con algunha das cancións do músico de Regodobargo.
Fernando Fdez. Rego é tamén autor de “50 Anos de  pop, rock e maltidismo na música galega”, “Galicia en clips”, “Unha historia da música en Galicia” e das biografías “Cuando ríes. Los Contentos” e “Andrés do Barro. Saudade”.
A presentación, tal e como podes ver no cartaz, farase diante da nosa tenda, na rúa Curros Enríquez e, en caso de que o tempo non nolo permita, trasladariámonos á Parrillada San Andrés, a escasos metros da loxa.