O Centro Comercial Aberto do Carballiño presentou esta mañá un novo evento: os “Días Locos”, que terán lugar o 17 e 18 de xuño, nas rúas do Carballiño, locais comerciais e hostaleiros.
Nel participan 35 comercios asociados ofrecendo descontos especiais e 12 establecementos de restauración e repostería en colaboración coa actividade de degustación de tapas.
Ademais, as principais rúas da vila estarán amenizadas. Mañá venres haberá música de charanga e haberá atraccións infantís, un inchable (situado na Rúa Curros Enriquez) e un touro mecánico infantil (situado na Praza Emilia Pardo Bazán). O sábado, durante todo o día, as rúas estarán amenizadas con música e zancudos.
Ademais, realizarase o sorteo de VALES por valor de 300€ entre todas as persoas que se animen a realizar unha compra. Para iso, recibirán un ticket de participación no establecemento onde realizaron a súa compra e o sorteo realizarase o día 20 ás 12 horas en directo dende as redes sociais da Asociación.
Colocaremos na Praza Maior un stand en representación da asociación, dende o que obsequiaremos bolsas ecolóxicas de CCA do Carballiño a todos os clientes que acudan cun recibo de compra.
Na presentación do evento estivo tamén a concelleira de comercio, Silvia Baranda, quen destacou o traballo feito polo CCA a prol do comercio e convidou a todo o mundo a apoiar as vendas de proximidade.